Inicio » Ao teu servizo » Auga

Auga

AUGASERVI, S.L., es la empresa concesionaria del servicio de agua y mantenimiento de alcantarillado del Ayuntamiento de Cambre

Oficina de atención al cliente:
C/Wenceslao Fernández Flórez, 9-bajo (detrás de la Casa Consistorial).
Ver mapa de situación.

El horario es de lunes a viernes de 8 a 15 horas.
Teléfonos de contacto:
Tlf oficina 981 675502  Fax: 981 656265  Email: augaservi@gmail.com
Tlf. Averias  619307703

TRÁMITES MAIS FRECUENTES:

-Altas de auga ou cambios de titular de contrato en vivendas: o propietario da vivenda ou inquilino da mesma debe de acudirse nas nosas oficinas e presentar  a seguinte documentación:
– escritura propiedade ou contrato arrendamento
– recibo IBI
– número de conta bancaria en caso de domiciliar o recibo
– abono das taxas correspondentes,  que en caso de altas son 100 € e en caso de cambio de titular de contrato son 37 €

-Altas de auga  ou cambios de titular de contrato en obras: o propietario da obra debe de acudir as nosas oficinas e presentar  a seguinte documentación:
– escritura propiedade
-licencia de obra
– número de conta bancaria en caso de domiciliar o recibo
– abonar as taxas de 100 €

-Altas de auga ou cambios de titular de contrato en locais comerciais: o propietario ou arrendatario do local debe de acudirse nas nosas oficinas e presentar  a seguinte documentación:
– escritura propiedade ou contrato de arrendamento
-licencia municipal de actividade
– modelo de alta de actividade en facenda ( mod. 036)
– número de conta bancaria en caso de domiciliar o recibo
– abonar as taxas de 100€  en caso de alta de auga ou de 37€  en caso de cambio de titular.

-Cambio de domiciliación bancaria
Os cambios na domiciliación das contas pode facerse persoalmente nas nosas oficinas ou por correo electrónico augaservi@gmail.com, indicando a dirección da subministración, nome, DNI e conta do novo pagador así como un teléfono de contacto.

Baixas de subministración:

A baixa da subministración por parte do abonado do contrato solicitaríase por escrito nas nosas oficinas ou ben por correo electrónico, achegado unha copia do DNI do abonado.

Solicitude de conexión á rede de rede de sumidoiros:

Esta solicitude tense que tramitar na sección de obras do concello onde lles indicarán os requirimentos técnicos e documentación a achegar.

Facturación da subministración

A facturación realízase por trimestres naturais e nun único recibo factúranse distintos conceptos: auga, rede de sumidoiros, lixo e canon de auga.
A facturación mínima de auga ao trimestre é de 30 m3, segundo establécese na ordenanza fiscal nº 15 reguladora da subministración de auga.

Suspensión da subministración

A empresa poderá suspender a subministración de auga no caso de que  o abonado non satisfixese no período voluntario o importe do recibo.
En caso de corte por falta de pago, se no prazo de tres meses desde a data de corte non se pagaron polo abonado os recibos pendentes, darase por finalizado o contrato e anulada a póliza de abono.

Tarifas

As tarifas de cada servizo veñen recollidas nas ordenanzas reguladoras de cada servizo:

Auga

ORDENANZA FISCAL Nº 15.
Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por Subministración de Auga
Ver ordenanza (PDF ).

Alcantarillado

ORDENANZA FISCAL Nº 9.
Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa polo Servicio da Rede de Sumidoiros
Ver ordenanza (PDF ).

Basura

Ordenanza reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de lixo e residuos urbanos do Consorcio de As Mariñas.
Ver Ordenanza.

Canon Auga

Decreto 136/2012 de 31 de maio polo que se regula o canon de auga e coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais da Xunta de Galicia.