Inicio » Ao teu servizo » Cemiterios » Solicitude de apertura de nicho para inhumación

Solicitude de apertura de nicho para inhumación

Que e?

É a solicitude de apertura dun nicho respecto do que se ten o título de concesión de uso privativo, co fin de inhumar un cadáver, cinzas ou restos cadavéricos no Cemiterio Municipal de Cambre.

Enténdese por cadáver, o corpo humano durante o cinco primeiros anos seguintes á morte.

Restos cadavéricos, o que queda do corpo humano, unha vez transcorridos o cinco anos seguintes á morte.

O falecido/a deberá estar empadroado/a en o municipio.

Documentación a aportar

Solicitude de inhumación asinada polo titular e/ou familiar e selada pola empresa funeraria que realice a xestión, no seu caso.
Documento de identidade da persoa solicitante e do falecido:
Españois: DNI, pasaporte ou permiso de conducir.
Estranxeiros comunitarios (ou asimilados): NIE (cartón de residencia), pasaporte, ou carta de identidade do seu país de orixe, en vigor.
Estranxeiros non comunitarios: NIE (cartón de residencia), pasaporte en vigor.
Fotocopia do título de concesión do dereito de uso privativo sobre o nicho, ou último recibo acreditativo de abonar a taxa por prestación de servizos no cemiterio municipal.
Autorización do titular da concesión do dereito de uso, no seu caso.
Licenza de enterramento expedida polo Rexistro Civil ou certificado de cremación ou incineración, no seu caso.
Xustificante de abonar o tributo/prezo público pola licenza de inhumación.
No caso de que se actúe por representación, deberase achegar, para a súa compulsa:
DNI do representante.
Documento orixinal da escritura pública ou poder notarial que acredite a representación, ou ben, a declaración en comparecencia persoal do interesado ante fedatario municipal ou funcionario en quen delegue.

Tributo / Precio público

Art. 6º. 1 a) y 6º. 1 b) da Ordenanza Fiscal nº 10 reguladora da tasa por prestación de servizos no cemiterio municipal:

1.b) Licenzas para inhumaciones y exhumaciones

– Por cada unha que se realice no nicho ……………………… 18,39 euros
– Por cada unha que se realice en sepultura subterránea …. 18,39 euros
– Por cada unha que se realice en panteóns ……………….. 36,78 euros
– Por cada unha que se realice en mausoleos ……………….. 49,04 euros

O art. 5º respeto as exencions subxetivas establece:

Están exentos os servizos que se presten con ocasión de:

a) Os enterramentos dos veciños incluidos na beneficencia municipal.
b) Os enterramentos de cadáveres de pobres de solemnidad.