Inicio » Ao teu servizo » Horta urbana

Horta urbana

A concejalía de Voluntariado de Cambre inaugurarou na pasada primavera  a primeira horta urbana con carácter social e que é xestionada por un grupo de persoas voluntarias pertencentes ao programa municipal de voluntariado do Concello de Cambre.

Como proxecto piloto, comeza cun terreo de propiedade municipal de máis de 4.000 metros situado na estrada Cambre-Temple. Na leira establecerase un uso exclusivo como horta e actividades agrícolas e formativas a través do voluntariado.Trátase dunha horta de carácter social que terá como obxectivos fundamentais a cohesión entre os veciños/as, voluntariado e o barrio onde se asenta.

Con fins de integración social de colectivos vulnerables usuarios de servizos sociais, en busca da aprendizaxe social e coa donación da produción á despensa municipal de alimentos. Ademais, preténdese que sexa unha agricultura ecolóxica: baseada nunha planificación hortícola tradicional e de recuperación de produtos autóctonos libre de abonos, pesticidas, herbicidas, que estea integrada no barrio, unha horta organizada e compartida e con compromiso. Traballaranse valores como o compromiso e a responsabilidade, esenciais en determinados colectivos cos que se pretende traballar. Entre as actividades que se desenvolverán destacan as actividades propias da horta, a preparación do terreo: limpeza e roza, catas de terra, pasar o fresador, engazar a terra, canalización do auga existente do manantial natural, preparación de bancas e de corredores, montaxe do invernadero, a planificación de viveiros e plantas: en función da tempada, o transplantado e coidado e o mantemento dos bancos, recolecta.Doutra banda, no futuro realizaranse cursos agricultura ecolóxica e compostaje, actividades de achegamento a escolas infantís, se habilitará un espazo para o cultivo adaptado a persoas con discapacidad.

Entre os obxectivos destacan, ofrecer unha iniciativa que desde o medio urbano permita e posibilite o coñecemento da natureza e do desenvolvemento de actitudes de interese para a conservación do medio ambiente e do medio rural, unha iniciativa que fomente o consumo responsable e a procura da subsistencia básica mediante sistemas tradicionais de cultivo, favorecer un mínimo de produción alimentaria sostenible, recuperar espazos urbanos para usos públicos e aumentar a presenza da natureza no urbano, servir de plataforma para a realización de cursos sobre agricultura, compostaje, separación de lixo, e servir de plataforma para a sensibilización medioambiental a CEIP´s e escolas infantís do Concello de Cambre.

Doutra banda, perséguese favorecer o desenvolvemento dunha cultura colaborativa e cooperativa, e espazos de encontro e de fomento das relacións persoais, crear un sistema de aprendizaxe – servizo encamiñado á inserción social de colectivos vulnerables e da mocidade en concreto, achegar as tradicións agrícolas as novas xeracións e algo moi importante doar alimentos propio da horta á Despensa Municipal de Alimentos do Concello de Cambre.