Inicio » Ao teu servizo » Impostos/Sancións

Impostos/Sancións

O Concello de Cambre ten delegada a xestión recadatoria dos seguintes ingresos municipais na excma. Deputación provincial da Coruña:
– Imposto de vehículos de tracción mecánica
– Imposto sobre bens inmobles de natureza urbana (contribución)
– Imposto sobre bens inmobles de natureza rústica
– Imposto de actividades económicas
– Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (plusvalía)
– Taxa de cemiterios
– Taxa por entrada de vehículos
– Multas de tráfico
– Cobro en executiva do resto dos ingresos municipais

Para calquera dúbida sobre estes ingresos pode chamar ao TELÉFONO GRATUITO

da Deputación 900 132 204

Ademáis a Deputación dispón dos seguintes servizos vencellados:

No enderezo http://www.dicoruna.es/servizos-tributarios/oficina-virtual encontramos:
Oficina virtual tributaria

Os servizos tributarios da Deputación teñen un sistema de información que está preparado para que os contribuíntes realicen as súas xestións tributarias mediante Internet de forma segura, o que simplifica o cumplimento das obrigas fiscais e ofrece novos servizos ao cidadán.

As opcións dispoñibles son as seguintes:

– Oficina virtual de entidades bancarias

Acceso ás oficinas virtuais de Caixa Galicia e BBVA. Deberá ser cliente ou contratar, se non o fose xa, os Servizos de Banca Electrónica dalgunha destas Entidades Financeiras Colaboradoras. Esta opción inclúe a posibilidade de pago de recibos polas mesmas, sin necesidade de dispor de datos de recibo. Tamén garantiza aos clientes de Banca Electrónica das entidades citadas o acceso por ésta opción á totalidade de servizos avanzados da Oficina Virtual.

– Pago de recibos con tarxeta de calquera entidade bancaria

Pode efectuar o pago nesta páxina mediante unha tarxeta de calquera entidade bancaria se ten os datos do recibo

– Servizos avanzados

Acceso aos servizos avanzados da Oficina Virtual, incluida a pasarela de pagos red.es, sin necesidade de dispor dos datos do recibo

– Consulta de datos catastrais

Portal da dirección xeral do catastro
e por outra parte:

Pago de Recibos

·Con Tarxeta e Recibo

·Con Certificado Electrónico

·A través de Entidades

No enlace    http://sede.dicoruna.es/gl/

Enlace coas Ordenanzas fiscais e acordos reguladores de prezos públicos.

Taxa servizo da auga e sumidoiros.