Inicio » Ao teu servizo » Mascotas » Cans potencialmente perigosos

Cans potencialmente perigosos

Os donos e posuidores de cans potencialmente perigosos están obrigados a:

a.- obter unha licenza administrativa no concello no que estean empadroados.

b.- identificar os animais cun microchip homologado no seu primeiros tres meses de vida ou nun mes despois da súa adquisición.

c.- inscribir o animal no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos no prazo de 15 días a partir da obtención da licenza administrativa.

d.- Comunicar ao concello calquera variación dos datos do rexistro no prazo de 15 días desde que se producise a modificación, excepto nos incidentes de agresión, nos que a comunicación será inmediata.

e.- Adoptar as medidas precisas para que o animal non saíse fose do recinto onde resida nin poña en perigo as persoas que utilizan as vías ou outros bens de dominio público.

f.- Pór un letreiro visible onde se advirta do perigo pola presenza dun can potencialmente perigoso.

 


Circulación de animais polas vías e espazos públicos.

Cando estes circulen polas vías ou lugares de tránsito público irán suxeitos por unha cadea ou correa. No caso dos potencialmente perigosos deberán ademais levar boceira homologada.