Inicio » Ao teu servizo » Matrimonios e parellas de feito

Matrimonios e parellas de feito

Parellas de feito e Vodas Civís

De todos resulta coñecido o debate social e político respecto de que as parellas de feito vexan garantido o seu dereito á non discriminación social baseándose no dereito de igualdade recoñecido no artigo 14 da Constitución española de 1978.

Por outra banda, o libre desenvolvemento da personalidade e da igualdade ante a lei, que constitúen principios fundamentais do ordenamento xurídico e social, demandan de tódolos poderes públicos a promoción das condicións para que esta liberdade e igualdade dos cidadáns e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, debendo elimina-los obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude (artigos 1.1, 9.2, 10.1 e 14 da Constitución).

En canto ás parellas de feito, o Parlamento Europeo xa recomendou a fin das discriminacións por motivo de orientación sexual e a equiparación de dereitos das parellas de homosexuais ó matrimonio.