Inicio » Ao teu servizo » Punto limpo

Punto limpo

PUNTO LIMPO DE CAMBRE. Esta área de reciclaxe está situada no polígono industrial de Espírito Santo, en rúa Prados Lanuxes (Prados Vellos). O Consorcio As Mariñas ten unha rede de Puntos Limpos nos que podes deixar o que se coñece como residuos domiciliarios. Estamos a falar de: Mobles, electrodomésticos, computadores, móbiles, chatarra, pneumáticos, podas, pequenos restos de cascallos… Pero tamén doutros perigosos como: Envases de produtos de limpeza, restos de pintura, vernices ou disolventes, insecticidas e pesticidas, pilas e baterías, aceites usados, tubos fluorescentes.

Luns de 10 a 13:00 h. e de 15:30 a 18:30 h.
Martes-Venres: de 9:30 a 13:00 h. e de 15:30 a 19 h. Sábados de 9 a 14:00 h.

A instalación está atendida por persoal que, ademais de facilitar a entrega dos residuos, presta asistencia informativa sobre os mesmos e a súa reciclaxe.

Información: Telf. 981 795 524 (Cespa, S.A.) (8 a 15 h.)

Recollida de mobles e aveños, chamando ao 981 795 524 (8 a 15 h.)
Recollida de aceites usados para a hostalaría chamando ao 981 612 826

Diptico Informativo Limpeza Diaria


Ver Punto Limpio Espíritu Santo en un mapa más grande

Mini Punto Limpio

Na Parada de Bus, ao caron da Casa das Palmeiras (O Temple)
No que o veciño poderá botar sete productos de consumo habitual nos fogares e que requeren de tratamento específico
-Pilas -Baterías de móvil -Teléfonos -Cd/dvd -Bombillas -Alóxenos
-Cartuchos de impresora