Inicio » O noso Concello » O noso Alcalde

O noso Alcalde

Benvidos á páxina Web de Cambre, A Coruña.

Agradezo que seleccionasen o noso municipio para visitarnos, e convidámoslles a realizar un percorrido virtual polo noso Concello.

O meu desexo é que este percorrido sexa útil non soamente para promocionar e difundir o noso Concello senón tamén coma unha importante plataforma informativa para veciños e administracións.

Cabe destacar, o punto estratéxico que representa esta localidade para actividades empresariais, que xunto aos medios técnicos e humanos, infraestruturas e axudas locais, fan dela un rendible centro de negocios.

Cambre mira cara ao futuro, pero sen esquecer a súa historia, as súas tradicións e as súas festas populares.

Coa seguridade de que o viaxeiro non quedará defraudado, aproveito esta oportunidade para saudar a todos, e espero poder facelo persoalmente cando decidan visitarnos.

Oscar García Patiño

Contactar:
Tlf: 981 613 187
alcaldia@cambre.org