Servizo Xantar sobre Rodas
Servizo Xantar sobre Rodas
A través da firma dun convenio de colaboración entre o Concello de Cambre e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ponse en marcha o programa xantar na casa no Concello de Cambre, a partir de mediados de novembro de 2011. Este servizo consiste en entregar 14 bandexas de comida semanalmente (dúas por día). A entrega efectuarase un día á semana (normalmente o martes) comunicando á persoa beneficiaria a hora aproximada. Prevese un menú de emerxencia para situacións climatolóxicas adversas.
Os menús incluirán primeiro prato, segundo prato, sobremesa e pan:
- Primeiro plato: 4 días de hidratos carbono e 3 días verdura
- Segundo plato: 4 días carne e 3 pescado
- Sobremesa: froita ou lácteos
As dietas estableceranse baixo prescrición médica, distinguindo os seguintes tipos: normal, réxime, diabética e fácil masticación.
Proporcionarase un microondas aos usuarios/as e instruiráselles sobre o seu funcionamento naqueles casos nos que non dispoñan del.
Será necesario solicitar unha cita coa traballadora social correspondente que leve o servizo, e posteriormente realizarase unha visita domiciliaria e valorarase a situación.
Unha vez realizada a valoración, o técnico de servizos sociais autorizará a prestación do servizo tras comunicación directa co Consorcio Galego para tramitar o alta.
O servizo funciona todos os días da semana de luns a domingo.
A documentación que hai que achegar é a mesma que para o servizo de axuda a domicilio.
Establécese un sistema de copago en función dos ingresos da unidade familiar.