[et_pb_dcsbcm_divi_breadcrumbs_module admin_label=”Divi Breadcrumbs” hide_homebreadcrumb=”off” homebreadcrumbtext=”Inicio” separator=”sep-raquo” hide_currentbreadcrumb=”off” homebreadcrumborientation=”left” background_layout=”light” fontsbreadcrumbs_line_height_tablet=”2″ fontsseperator_line_height_tablet=”2″ fontsbreadcrumblinks_line_height_tablet=”2″ /]

Vente de marcha

FINALIDADE, OBXECTIVOS

Fomentalo senderismo coma actividade deportivo-ambiental e sociocultural; unha práctica saudable tanto física (facer exercicio moderado) e cultural (coñecer novos lugares), coma social (favorece o coñecemento interpersoal entre os participantes independentemente da súa idade) e medioambiental (aprendese a respectala natureza e a disfrutar dela).

Coma obxectivos, plantexamos:

1.- Coñecer fermosos lugares da nosa xeografía

2.- Fomentalo respecto polo medio ambiente natural

3.- Favorecelo intercambio interxeneracional entre os veciños de Cambre

4.- Dar á mocidade unha alternativa saudable para á fin de semana

ACTIVIDADE

Rutas de sendeirismo, marchas, excursións

DESTINATARIOS  PRINCIPAIS

Xuventude do concello, ainda que aberto a veciños de tódalas idades. Os menores de 12 anos deben ir acompañados dun maior de idade que se fará responsable do menor.