Inicio » O noso Concello » Concellerías – Departamentos » Seguridade Cidadá » Agrupación de Voluntarios

Agrupación de Voluntarios

Protección Civil

A Agrupación de voluntarios de Protección Civil de Cambre fundouse o 27 decembro de 1990. Desde a data colaboramos en infinidades de servizos, tanto no noso Concello coma noutros Concellos.

A protección civil municipal, ten como fin establecer unha organización sobre a base dos recursos municipais contando coa colaboración das entidades privadas e dos cidadáns, para garantir a coordinación preventiva e operativa respecto da protección de persoas e bens ante os danos producidos polas situacións de emerxencia, nos casos de grave risco ,catástrofe ou calamidade pública, sin esquecer todo tipo de emerxencias menores ,mediante a relación de actividades que permitan evitar as mesmas, reducir os seus efectos, reparar os danos e no seu caso, contribuir a corrixir as causas produtoras destes.

Voluntarios

Poderán vincularse á agrupación de voluntarios de Cambre, as persoas que con carácter altruísta se comprometan a colaborar directamente nas actividades dos servizos de protección civil dependentes do Concello.

Poderán incorporarse como voluntarios operativos todos os veciños, aqueles maiores de 16 anos e menores de 18, sempre que conste a autorización de quen exerza a patria potestade ou tutela que cumpra os requisitos de acceso.

Requisitos de acceso

O solicitante deberá superar un curso de ingreso para voluntarios, que ten como obxectivo dotalos duns coñecementos básicos que debe posuír un voluntario de protección civil para o correcto desenvolvemento das súas actividades.