Inicio » Coñece Cambre » Festas de interese » Galaicoi

Galaicoi

No evento pódese gozar dun mercado da antigüidade con actividades circenses, pasacalles, desfiles pretorianos, campamentos castrexos e romanos, teatro, obradoiros de oficios antigos, ludoteca, nora, xogos antigos, xincana, e ou Scriptorum (taller de caligrafía).

Está sobradamente documentado que durante a romanización Cambre non só foi un lugar de paso para os romanos no século I AC senón un lugar de residencia e de conviviencia cos pobos castrexos. Cambre aínda conserva a vila romana moi preto da igrexa románica e o castro, aínda sen escavar, que sinala que os castrexos cambreses tiveron que convivir co gran exército enviado dende Roma. Durante decenios houbo unha convivencia que acabou coa romanización dos pobos galaicos. Os galaicoi, guerreiros galaicos que se enfrontaron ás campañas romanas en toda a Gallaecia dan nome a este evento cultural.